Participa na nova edición do noso Concurso REDacción 2023

 

A ONG “Ayudemos a UN@ NIÑ@”, convocou a novena edición do Concurso Nacional de Redacción Escolar "REDacción", dirixido a escolares de 6º curso de centros educativos de todo o territorio nacional. 

Esta nova edición leva o lema "Na nosa escolar constrúese a PAZ" e o seu obxectivo principal promover dos valores propios nunha sociedade democrática: o respecto mutuo, a igualdade entre homes e mulleres, o diálogo, a solidariedade e a resolución pacífica dos conflitos.

Vivimos en época de crispación, con innumerables conflitos armados que ameazan os logros conseguidos pola Axenda 30, afectan a millóns de persoas e poñen en perigo a súa vida e os seus dereitos máis fundamentais. Así mesmo nas nosas sociedades os discursos de odio, as fake news e a confrontación negativa impregnan todos os ámbitos cunha percepción que está lonxe dos principios que emanan da Cultura de Non Violencia.

Queremos escoitar as voces de nenas e nenos que nos ensinen as súas iniciativas encamiñadas a rexeitar a violencia e previr os conflitos. As súas solucións mediante o diálogo e a negociación baseada no respecto mutuo. Que nos mostren como se pode actuar sendo un axente de paz.

 

Os escritos poderán redactarse tanto en castelán como nas outras linguas cooficiais existentes (éuscaro, galego, catalán).

 

O prazo de envío de traballos iníciase o 15 de novembro de 2023 e finaliza o 20 de febreiro de 2024.

 

Materiais para traballar na clase

Recursos para traballar a paz escolar

Materiais didácticos elaborados para o noso concurso REDACCION 2023 e que axudan ao alumnado a coñecer a importancia de promover a paz na escola

El Buentrato

Conoce este material sobre como podemos incorporar el buentrato en la vida diaria.

Para calquera dúbida ou información podes contactar con:
Departamento de voluntariado
ONG Ayudemos a un@ Niñ@
900 14 20 14 / 687 710 660
info@ayudemosaunnino.org

Las cookies propias y de terceros nos permiten mejorar nuestros servicios. Al navegar por nuestro sitio web, aceptas el uso que hacemos de las cookies.Más información ACEPTAR |